Crear PDF Recomendar Imprimir

Presentación do libro El hombre de Vitruvio de Juanjo Lamelas

  • Lugar
    Casa dos Poetas
  • Votación
    (0 votos)
  • Data
    Martes, 20 de decembro ás 19.30 horas
  • Gústame

A Casa dos Poetas de Celanova acolle este martes, día 20 de decembro de 2011, ás 19.30 horas a presentación do libro El hombre de Vitruviode Juanjo Lamelas.

No acto estarán presentes José Luís Ferro Iglesias, Concelleiro de Cultura de Celanova, Juanjo Lamelas, autor da obra e responsable da editorial Atlantis.

Juanjo Lamelas naceu en Ourense en 1946, diplomado en Maxisterio, continuou os seus estudios na UNED para licenciarse en CC Químicas e posteriormente doutorarse na especialidade de Cinética Química. Participou en diversos congresos e publicou traballos de investigación en revistas como Journal of Chromatografich Science  ou Afinidad. Durante oito anos dirixiu o Departamento de Cultura do Concello de Boborás. Na actualidade dedícase á docencia, sendo tamén xefe de estudios, no CEIP Curros Enríquez de Celanova.

El hombre de Vitruvio conta a historia da vida dun neno indíxena supervivente do asalto ao monte Medulio, na Provincia Transduriana, cara o 19 a. C. Por circunstancias da providencia será adoptado por un centurión que ao se retirar das lexións recibirá un lote de terras. Por conseguinte, recibirá unha educación romana. Cando o mozo conta con 17 años o seu pai adoptivo morre e, por un desgraciado accidente, o rapaz convértese nun proscrito; nun home obrigado a renunciar aos seus soños. Desde entón Marcelo levará unha existencia marcada por un destino que non pode controlar. A infancia que o amparaba desintegrarase nese día fatídico, o amor perdido incrustaralle un odio sórdido na alma e o medo obrigarao a cometer accións reprobables. A vida levarao a ser o que puido e non o que quixo; a conformarse con vivir sen amor; a substituílo por outras metas. A Arquitectura encherá os buratos da súa maltreita existencia e na súa aprendizaxe percorrerá un azaroso camiño que o levará desde os confíns de Hispania á Roma de Augusto para traballar no taller de Marco Vitruvio Polión, o máis ilustre arquitecto romano de todos os tempos. O río da vida zarandearao nas súas inescrutables ondas; pero, para esperanza de todos, sempre hai un momento oportuno para chegar a ser o que non se foi.

 

      ©2012 - Concello de Celanova.                                                                                                                               Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web | RSS| Correo