COPA DEPUTACION XADREZ ACTIVO ABSOLUTO E POR EQUIPOS DISPUTADO EN CELANOVA
09 de Novembro de 2012
O pasado fin de semana celebrouse no pavillón municipal da Pedra da Moa a Copa Deputación de xadrez activo en categoría absoluta individual e por equipos. Coa participación de 22 xogadores. Os gañador individual foi Osacar Salgado do clube xadrez Ourense que a sua vez partia co elo mais alto, resultando segundo clasificado Javier Varasa do clube Universidade de Ourense. Boa representación dos xogadores do xadrez Celanova rematando o xogador Sindo Rodriguez na posición 9ª e Xoan Barbosa na 11ª posición. Na clasificación por equipos resultou gañador o clube xadrez Ourense seguido do Liceo Ourense rematando o xadrez Celanova no cuarto lugar.