Crear PDF Recomendar Imprimir

A Aula Cemit do Concello de Celanova continúa co seu programa de Alfabetización dixital para todos os públicos

  • Votación
    (0 votos)
  • Data
    xaneiro de 2013
  • Gústame

cursosDurante o mes de xaneiro organizará dous cursos de iniciación á informática de forma que poidan empezar a familiarizarse con ela aquelas persoas que pola súa idade ou situación non teñan acceso habitual ó mundo dos ordenadores.

O telecentro de Celanova (integrado na Rede CEMIT de Galicia) continua ofrecendo cursos de alfabetización informática co fin de facilitar o acceso ás novas tecnoloxías a tódolos públicos posibles, con especial incidencia en xentes que pola súa idade ou pola súa situación social carecen destas oportunidades.

Durante o presente mes de xaneiro ofreceranse senllos cursos de iniciación á informática con dous niveis diferentes de forma que tódalas persoas que o desexen poidan adentrarse neste mundo dos ordenadores, independentemente da súa idade e por máis que nunca pensaran poder manexarse con eles.

ACTIVIDADES XANEIRO 2013

Alfabetización dixital
Iniciación a Informática. Nivel básico
Data: 14 de xaneiro ó 31 de xaneiro
Horario: 10,00 a 12,30 (luns e mércores)
Total horas: 15 horas
Curso básico de manipulación do ordenador: Dirixido a aquelas persoas que queren iniciarse dende cero coas novas tecnoloxías.
Obxectivos: Acender e apagar correctamente o ordenador, manexar o rato e teclado con soltura, familiarizarse co entorno de traballo e as ventás do Sistema Operativo, aprender e xestionar arquivos e cartafois (crear, eliminar, copiar…), manexar unidades extraíbles (cd, memorias USB...), iniciarse na navegación por internet, etc.

Alfabetización dixital II
Iniciación a Informática. Nivel básico II
Data: 16 de xaneiro o 1 de febreiro
Horario: 16,00 a 18,30 (mércores e venres)
Total horas: 15h
Curso básico de continuación a iniciación a informática: Dirixido a aquelas persoas que queren profundizar na aprendizaxe das novas tecnoloxías.
Obxectivos: Obter unhas destrezas básicas no uso dun sistema operativo en operación elementais tales como acendido e apagado do ordenador, moverse pola pantalla, coñecer o escritorio, realizar todo tipo de operacións con arquivos, coñecer con carácter práctico as principais aplicacións da Ofimática (procesador de textos, follas de cálculo, presentacións...), coñecer de forma práctica os principais servizos de Internet e as súas utilidades, etc.

Máis información na propia Aula Cemit, sita no Parque das Triguerizas, no 988 431 806 ou en cemit.celanova@xunta.es

 

      ©2012 - Concello de Celanova.                                                                                                                               Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web |Facebook| Correo