GRAN PARTICIPACIÓN DA ESCOLA DE FUTBOL SALA NO TORNEO INTERNACIONAL CIDADE DE LUGO
Un ano mais representación da escola de futbol sala de Celanova no torneo de futbol sala Cidade de Lugo o mais prestixoso de España. A escola estivo representada polos dous equipos alevins e o equipo benxamin. Comenzou o equipo alevín-B na fase previa 27-28-29 de Decembro, cunha participación destacadisima chegando ata a final que perderon ante o Liceo da Coruña. A semana seguinte do 02-03 Enero desplazabanse a Lugo o equipo Benxamín e mais o Alevin-A para disputar a fase final que por primeira vez contou con dous equipos da escola nela. O Alevín-A competiu en todo momento nun grupo onde se encontraban tres equios campeóns de España en distintas categorías nos últimos anos, perdeu 2-1 ante o Club do Mar da Coruña, empatou 2-2 ante o Plasticos Romero de Murcia e finalmente no derrradeiro encontro xa sin opcións volveu a perder ante o Liceo da Coruña. E a gran sorpresa positiva veu protagonizada polo benxamín que se chegou a xogar o pase a semifinales ante o Azkar de Lugo encontro que resultou moi igualado aínda que rematou gañando o Azkar, despoixa de haber empatado ante o Extremadura FS. e haber gañado con contundencia ante o Leis de Pontevedra 5-1.