Certame literario mariano, organizado pola Asociación Cultural Santuario Virxe da Armada
A Asociación Cultural Santuario Virxe da Armada organiza un certame literario que terá por obxectivo elaborar un tema mariano. Poderán presentarse os traballos ata o vindeiro 31 de maio e o fallo do premio dará a coñecerse o 15 de agosto do presente 2013.
Nas bases do concurso detállase que a temática versará sobre un tema mariano, xeral ou ben sobre a advocación mariana da Armada, podendo ser en verso ou en prosa, que a extensión mínima será de 5 folios nun A4 escritos a dobre espazo, no idioma castelán ou galego, ...
Ademáis, outorgaranse 3 premios con contías económicas de 600, 300 e 150 euros respectivamente.
Máis información no díptico en onde se atopan as bases de participación.
-
Recursos asociados