Crear PDF Recomendar Imprimir

COMENZO DA LIGA PARA O XADREZ CELANOVA

14 de Xaneiro de 2013
  • Votación
    (0 votos)
  • Gústame

Iste sábado 12 de xaneiro comenzou por fin a liga regular nas distintas categorías da federación galega de xadrez. O clube xadrez Celanova un ano mais está representado con dous equipos. O Celanova-A comenzou a sua participación en Ourense para enfrentarse ao Liceo Ourense un dos favoritos xunto co Marcote de Vigo para sair campeón da 1ª División galega zona sur, categoría onde volven competir iste ano despoixa de conseguir a permanencia a temporada pasada. Bo nivel competitivo o amosado esta primeira xornada a pesar de perder por 3-1, o punto conseguiuno J.Luis Casal no derradeiro enfrentamento dos catro que disputaron, perdendo con anterioridade Jairo Villar, Xoan Barbosa e Sindo Rodriguez por iste orden os seus. Polo que respeta ao Celanova-B que disputa a 3ª División  debutaba no pavillón da Pedra da Moa ante o Chantada o que conseguiu gañar por 3-1, perdendo David Dorado o segundo partido e resultando gañadores Daniel Gil, Breogan Rodriguez e Sheila Rodriguez nos seus enfrentamentos.

 

      ©2012 - Concello de Celanova.                                                                                                                               Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web |Facebook| Correo