Crear PDF Recomendar Imprimir

O TENIS DE MESA CELANOVA REINICIA A COMPETICIÓN CUNHA AMPLIA VICTORIA ANTE O CINANIA CUARTEIRON

14 de Xaneiro de 2013
  • Votación
    (0 votos)
  • Gústame

Voltou a competición na 3ª Galega de Tenis de Mesa coa oitava xornada da liga que se disputou no pavillón Pedra da Moa coa victoria por 6-1 do Tenis de Mesa Celanova ante o Cinania Cuarteirón. O punto do Cinania conseguiuno Alberto Fernandez 1-3 no segundo dos encontros ante o local Guilermo Baliña, gañando o resto de puntos os xogadores de Celanova.  Antonio Feijoo nos dous que disputou por 3-0 o igual que Carlos Gonzalez 3-1 e 3-0 nos seus dos encontros mentres Guillermo Baliña tamén sacaba adiante o seu segundo partido por 3-2 ademais do gañado en dobles faendo parella con Antonio Feijoo.

 

      ©2012 - Concello de Celanova.                                                                                                                               Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web |Facebook| Correo