RESULTADOS FIN DE SEMANA ESCOLA DE FUTBOL
29 de Xaneiro de 2013
Mais derrotas que victorias no fin de semana no futbol base celanovense. Dúas foron as victorias e as dúas en San Rosendo por un lado apretado resultado do xuvenil diante do Barbadas-B 3-2 e a pesar de que o partido presumíase cómodo cun2-0 no primeiro tempo. Mais clara foi a victoria do alevín-A o fútbol-8 diante o Ourense por 5-1. No outro lado claras derrotas no anexo de San Rosendo tanto do cadete 1-5 ante o Arenteiro como do benxamín de fútbol-8 por 2-6 diante do Calasancio-B. A terceira derrota da xornada foi do alevín-B en Barbadás por 7-0.