Crear PDF Recomendar Imprimir

Resultados escola de fútbol fin de semana 2-3 febreiro.

05 de Febreiro de 2013
  • Votación
    (0 votos)
  • Gústame

Boa xornada para o futbol-8 a pesar da derrota do Alevín-A en Chantada por 5-4 nun partido no que os celanovenses acudían con moitas baixas e que estiveron cerca de traer algo positivo. As victoria viñeron nos encontros do Alevín-B no anexo de San Rosendo diante do Verín-B por 3-1 diante dun rival dos que vai pelexar un posto para a copa, e a victoria do Benxamín diante do Pabellón-B por 1-3 e que vale para colocarse segundo na clasificación. Polo que respeta ao fútbol once, resultados negativos do infantil 3-5 co Allariz que era lider do grupo e o que lle plantaron cara en todo momento, e mais dolorosa foi a derrota do cadete en Verín por 4-0 nun encontro marcado pola lesión do porteiro celanovés Pablo. A parte positiva veu da man dos xuvenis do Sportin que gañaron con contundencia o Antela 4-1.

 

      ©2012 - Concello de Celanova.                                                                                                                               Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web |Facebook| Correo