Crear PDF Recomendar Imprimir

XIV Media maratón VIG-BAY. Toledo 372 na clasificación.

03 de Abril de 2013
  • Votación
    (0 votos)
  • Gústame

O Domingo 17 de marzo celebrouse a XIV edición da VIG - BAY a media maratón 21 km. mais importantes de Galicia entre as localidades de Vigo e Bayona. Con unhas condicións boas para correr sobre todo despoixa do que caiu o día anterior, e con gran afluencia de corredores celebrouse a proba na que gañou de maneira clara o atleta galego Lolo Penas cun tempo de 1:05:24 do clube New Balance, estando moito mais axustado o segundo posto que foi para Elías Salvador  1:08:25 tamén do New  Balance que gañou nun apretado sprint a José A. Ramallo 1:08:28 do clube San Miguel de Marín. En categoría femenina a gañadora foi María Jesus Gestido cun tempo de 1:17:49 a que acompañaron no podio María Yolanda Gutierrez 1:20:55 e Fátima Silva 1:23:42.

Da representación celanovense que correu a proba temos referencias de José Manuel Toledo do clube Pato Blanco que acadou un meritorio posto 372 para mais de 4000 chegados a meta cun moi bo tempo de 1:26:57. Tamén temos constancia de que remataron a proba os Pato Blancos Jesus A. Arias 1:32:58 e Roberto Miranda 1:41:27. Tamén compre destacar a atleta celanovense Encarnación Fernandez Campos que conseguiu rematar a proba cun tempo de 2:18:38.

 

      ©2012 - Concello de Celanova.                                                                                                                               Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web |Facebook| Correo