XXXIV CARREIRA DE PASCUA DE PADRON
03 de Abril de 2013
O pasado 30 de marzo celebrouse en Padrón a 34ª edición da carreira de Pascua sobre un percorrido de 13.300 mts. Resultou gañador Uxio Abuin do clube atletismo Sar cun tempo de 43:02 que se impuxo na linea de meta a Santiago Lopez 43:39 do atletismo Porriño e a Jorge Crespo 44:49 do atletismo Sar. En categoría femenina a gañadora foi María del Carmen Penas cun tempo de 53:58 do clube Comesaña Sporting. Ata terra padroesas tamén se acercou unha delegación do clube Pato Blanco de Celanova salientando a participación de José M. Toledo 54:58 no posto 99 e Jesus Arias 57:07 no posto 149.