Crear PDF Recomendar Imprimir

Cursos na Aula Municipal de Informática (Aula Cemit)

  • Votación
    (0 votos)
  • Data
    Varias
  • Gústame

ACTIVIDADES DA AULA MUNICIPAL DE INFORMÁTICA (ABRIL)

OrdenadoresCURSO DE “INICIACIÓN Á INFORMÁTICA”. MÓDULO I

Realizanse 2 cursos, un pola mañá e outro pola tarde

Tipo de actividade: Curso básico de manipulación do ordenador dirixido a aquelas persoas que queren iniciarse dende cero coas novas tecnoloxías. Manipulación da computadora, introducción aos sistemas operativos, manexo dos periféricos, introducción a internet, escritura básica, programas básicos de interacción coa computadora…….
Destinatarios: Persoas que queren iniciarse dende cero coas novas tecnoloxías e teñen moi pouco ou ningún coñecemento do manexo dun ordenador.
Días da realización do curso: Do 8 de abril ó 19 de abril (Luns, mércores e venres)
Horario (Grupo 1) (mañás): 10:00 a 12:30 h
Horario (Grupo 2) (tardes): 16:00 a 18:30 h
Duración: 15 horas
Descrición: Curso de 15 horas divididas en 6 días. Contidos teóricos e prácticos.

CURSO “CREACIÓN E MANEXO DUNHA CONTA DE CORREO ELECTRÓNICO”

Tipo de actividade: Como crear unha conta de correo electrónico e como sacar o máximo partido o correo.
Destinatarios: Dirixido a persoas con ningún ou escaso coñecemento de correo electrónico.
Días da realización do curso: Do 22 de abril ó 26 de abril. ( luns, mércores e venres)
Horario: 16:00h a 18:00h
Duración: 6h
Descrición: Curso de 6 horas divididas en 3 días. Contidos teóricos e prácticos.

CURSO “REDES SOCIAIS: FACEBOOK”

Tipo de actividade: Entender que son as redes sociais e como inflúen nas relacións profesionais e persoais. Coñecer os distintos tipos de redes sociais.Seleccionar a rede social máis acorde aos nosos intereses.Participar nunha rede social de forma activa e segura.
Destinatarios: toda a cidadanía.
Días da realización do curso: 16 e 18 de Abril
Horario: 16:00 a 18:00 h
Duración: 4 horas
Descrición: curso de 4 horas divididas en 2 días. Contidos fundamentalmente prácticos.

Próximos cursos

Crea a túa propia presentación. Emprega o Impress
Paquete LibreOffice: Writer, Calc, Impress e DBASE

Máis información na Aula Cemit do Concello de Celanova.

 

      ©2012 - Concello de Celanova.                                                                                                                               Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web |Facebook| Correo