Tra-lo empate en Velle o domingo pasado, con 35 puntos na clasificación e o previsible descenso de cinco equipos, todo indica que para salvar a categoría o Sporting Celanova necesite os 43 puntos para evitar o descenso a segunda rexional. Polo cal veríase obligado a gañar tres dos seis encontros que quedan para rematar a liga, dos cales tres serán en San Rosendo comenzando este domingo diante do Taboadela co que se encontra empatado a puntos.