Festa dos ovos cocidos 2013
A vindeira fin de semana terá lugar a Festa dos Ovos Cocidos 2013. Serán os días 26 e 27 de abril. O lugar do evento será fundamentalmente a Praza Maior do Concello en onde actuarán as orquestras Gran Atlanta, Passarela ou o Trío Galicia. Tamén destaca a actuación de Davide Salvado o día 27 no Auditorio Municipal Ilduara Celanova ás 20.00 horas. Este concerto da Rede de Músicas Soltas ten un custe de 5€.
Destaca o Concurso de pinchos e tapas que premiarán o pincho mellor adornado, o máis sobrado e o local máis animado.
-
Recursos asociados