Crear PDF Recomendar Imprimir

Aula Cemit: proposta de cursos de formación para maio

  • Votación
    (0 votos)
  • Data
    Todo o mes de maio
  • Gústame

computer roomEstá publicada a oferta de cursos que se impartirán na Aula Cemit do Concello de Celanova para o mes de maio. Entre outros impartiranse:

  • dous cursos de Iniciación á Informática Módulo II en horario de 10.00-12.30 e de 16.00-18.30 do 2 ao 16 de maio
  • un curso de Manexo da cámara Dixital en horario 16.00-19.00 os días 2 e 3 de maio
  • un curso de Atopa o que buscas na Rede en horario 16.00-18.00 do 8 ao 24 de maio
  • Un curso de Mecanografía en horario de 11.00-12.30 do 16 ao 31 de maio
  • Un curso de Folla de cálculo con Calc "Leva as túas contas con facilidade" en horario de 16.00-18.00 do 20 ao 28 de maio

Co mótivo do 17 de maio “Día mundial de Internet” realízase na aula os seguintes cursos:

  • Opera co teu banco a través de Internet en horario de 18.30-20.00 os días 9 e 10 de maio
  • Organización de viaxes en horario de 18.30-20.00 os días 14, 15 e 16 de maio

Actividades realizadas por videoconferencia e organizadas polo “Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG)” da Consellería de Traballo e Benestar, para dar a posibilidade oas interesados que non se poidan desprazar a Santiago:

  • Seminario sobre seguridade en VoIP.
    • Día da realización: 8 de maio
    • Horario: 09:30 a 13:30h
  • Seminario sobre desenvolvemento de aplicacións Android
    • Día da realización: 14 de maio
    • Horario: 10:00 a 14:00 horas
  • Seminario sobre “virtualización e alta dispoñibilidade en Linux”
    • Día da realización: 23 de maio
    • Horario: 09:30 a 13:30 horas
  • Seminario sobre seguridade OWISAM.
    • Día da realización: 30 de maio
    • Horario: 09:30 a 13:30

Máis información en cemit.celanova@xunta.es, no 988 431 604, nas Oficinas do Concello ou na propia Aula Cemit sita no Parque das Triguerizas.

 

      ©2012 - Concello de Celanova.                                                                                                                               Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web |Facebook| Correo