Crear PDF Recomendar Imprimir

Actividades da Aula Municipal de Informática (Aula Cemit) para outubro

  • Votación
    (1 voto)
  • Data
    Ao longo do mes de outubro
  • Gústame

imaxe ticRemítese información sobre as actividades que se están desenvolvendo na Aula Cemit de Celanova e que están a disposición de todas aquelas persoas que desexen achegarse a distintos ámbitos das novas teconoloxías:

Actividades por videoconferencia

Actividades realizadas por videoconferencia e organizadas polo “Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG)” da Consellería de Traballo e Benestar, para dar a posibilidade oas interesados que non se poidan desprazar a Santiago:

  • Seminario: "Linguaxe libre de estatística R"
    • Día da realización: xoves 10 de outubro
    • Horario: 10.00-14.00 e de 16:30 a 19:00h
    • Temática: I Xornada de Usuarios R en Galicia nace co obxectivo de xuntar a toda a comunidade de usuarios de R nun mesmo foro, e coa intención de por en común as experiencias e os traballos que se están a realizar na nosa comunidade autónoma e, deste xeito, ter unha visión global das oportunidades e os campos de acción desta ferramenta e interactuar  cos profesionais que están a utilizala. (R é un software, multiplataforma, orixinalmente deseñado para a análise estatística e a realización de gráficos que, nestes intres, estase a utilizar en numeros campos relacionados, coa estatística xenómica, biomedicina, econometría, big data, etc.).
    • Destinatarios: Investigadores, formadores, estatísticos e toda a poboación en xeral.
  • Obradoiro: "Hábitos de vida saudables"
    • Día da realización: martes 15 de outubro
    • Horario: 10:00 a 12:00h
    • Temática: Concienciar á poboación da importancia de practicar hábitos saudables e mellorar a calidade de vida contribuíndo á prevención de enfermidades, así como adquirir habilidades para o autocoidado da saúde.
    • Destinatarios: Pacientes, familiares e poboación en xeral.

Cursos desenvolvidos pola Aula Cemit do Concello de Celanova

  • Iniciación á informática (Módulo I)
    • Tipo de actividade: Curso básico de manipulación do ordenador dirixido a aquelas persoas que queren iniciarse dende cero coas novas tecnoloxías. Manipulación da computadora, introducción aos sistemas operativos, manexo dos periféricos, introducción a internet, escritura básica, programas básicos de interacción coa computadora, etc.
    • Destinatarios: Persoas que queren iniciarse dende cero coas novas tecnoloxías e teñen moi pouco ou ningún coñecemento do manexo dun ordenador. (Acordado coa Asociación Amas de Casa Ilduara de Celanova).
    • Días: do 9 ao 25 de outubro (mércores e venres)
    • Horario: 10:30 h a 12:30h
    • Duración: 15 horas
    • Prazas: 10
  • Atopa o que buscas na Rede
    • Tipo de actividade: Aprender trucos e recursos para realizar  as búsquedas de forma máis eficiente en internet, e así como realizar búsquedas con sentido crítico, discriminando e analizando correctamente os resultados.
    • Destinatarios: Cidadanía en xeral que manexe Internet de modo básico. (Acordado coa Asociación Amas de Casa Ilduara de Celanova).
    • Días da realización do curso: Do 16 de setembro ó 20 de setembro. ( luns, mércores e venres)
    • Horario: Tardes, de 16:30 a 18:30 horas)
    • Duración: 10 horas
    • Prazas: 10
  • Manexo da cámara dixital
    • Tipo de actividade: Explicar qué é unha cámara fotográfica dixital, identificar os distintos tipos de cámaras dixitais, identificar as ventaxas de ter unha cámara dixital respecto dunha convencional, descargar as fotografías e guardalas cunha boa resolución, etc.
    • Destinatarios: Persoas interesas na fotografía dixital e queiran profundizar na aprendizaxe utilizando software libre.
    • Días da realización do curso: Mañá e tarde, de 10:00 a 13:00 e de 16:00h a 18:00h
    • Horario: xoves, 17 de outubro
    • Duración: 8 horas
    • Prazas: 10
  • Aprende a retocar as túas fotografías co Gimp
    • Tipo de actividade: Curso multimedia de retoque fotográfico.
    • Destinatarios: Cidadanía en xeral interesada polo retoque fotográfico.
    • Días da realización do curso: Tardes, do 22 ó 29 de outubro
    • Horario: 18.00-20.00 horas
    • Duración: 10 horas
    • Prazas: 10
  • Elabora o teu Curriculum Vitae (CV)
    • Tipo de actividade: Elaborar o curriculum vitae adaptando á situación de cada persoa, identificar os distintos tipos de curriculum, así como coñecer as recomendacións para a súa redacción e presentación.
    • Destinatarios: Poboación en xeral que sepa utilizar a nivel básico un ordenador, incluída a navegación por Internet, o uso do correo electrónico e saiba manexar un programa de edición de texto.
    • Días da realización do curso: 30 e 31 de outubro
    • Horario: 10.00-13.00 horas
    • Duración: 6 horas
    • Prazas: 10

Máis información en cemit.celanova@xunta.es, no 988 431 604, nas Oficinas do Concello ou na propia Aula Cemit sita no Parque das Triguerizas.

 

      ©2012 - Concello de Celanova.                                                                                                                               Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web |Facebook| Correo