Crear PDF Recomendar Imprimir

O Auditorio Municipal de Celanova acolle este domingo a obra de teatro "Misión Sapiens", un espectáculo de monólogos cómicos protagonizados por algúns dos principais actores do panorama actual galego

  • Votación
    (1 voto)
  • Data
    Domingo, 24 de novembro de 2013 ás 20.00 horas
  • Gústame

malasombra-01pMisión Sapiens é un espectáculo de humor para público adulto, con monólogos cómicos e algunha canción, que ten a única intención de facer que o público pase 75 minutos de risas.

Cinco actores cunha longa traxectoria en teatro, cine e televisión.
Luis Iglesia B. Popularmente coñecido pola súa interpretación de Carmelo Matalobos, na serie Matalobos da TVG.
Xabier Deive Tamen coñecido polas series Matalobos, os atlánticos, a vida por diante, etc.
Marcos Orsi Un dos actores mais recoñecidos de Galicia no campo teatral con numerosos premios ao seu traballo. En televisión series como Matalobos, o nordés, a miña sogra e mais eu, Rias baixas, etc
Xoque Carbajal  Ampla traxectoria teatral con participación en algún dos espectáculos mais vistos en Galicia nos últimos anos, como GO ON! ou O día do pai. En cine “Todo es silencio” de José Luis Cuerda,  “Frio” de Román Gutiérrez, etc. En televisión participa nas series Rias baixas e Pepe o inglés.
Jouse García:  Actor de teatro con mais de 20 anos de traballo profesional sobre as táboas. O seu último receñecemento, foi un premio María Casares polo seu traballo en “seis personaxes á procura de autor” do CENTRO DRAMÁTICO GALEGO

malasombra 02pO ESPECTÁCULO: Misión sapiens (espectáculo de monólogos cómicos)
Misión Sapiens é un espectáculo de autoaxuda que en menos de dúas horas te transformará nun ser humano culto, educado e capaz de manter unha conversa sobre calquera tema sen quedar como un burro.
Cinco  grandes eruditos de diversos campos intentarán meter coñecementos dentro da túa cabeza, queiras ou non, polas boas ou polas malas. Coñecementos básicos de cultura xeral, comportamento e educación, música, libros, películas, deportes, viaxes.
Non é necesario pasarse horas e horas da túa vida lendo libros, escoitando música ou vendo películas. Nós contámosche de que van e ti xa podes participar con orgullo nas charlas dos teus amigos máis cultos sen medo a quedar mal.  
Sabemos que percorrer o mundo é caro, pero mentir sobre os sitios onde estiveches non costa nada e podes quedar igual de ben diante dos teus colegas e parentes. Axudámosche a preparar as mentiras sobre as túas viaxes para que ninguén saiba nunca que na túa vida fuches máis alá de Piedrafita.

malasombra 01pO que non conseguiu a EGB, a FP, a LOE, a LOGSE, A ESO nin a OTAN, quizás o consigamos nós.
MISIÓN SAPIENS. Sen evolución non hai revolución.

Misión Sapiens é un espectáculo de humor para público adulto, con monólogos cómicos e algunha canción, que ten a única intención de facer que o público pase 75 minutos de risas.

 

      ©2012 - Concello de Celanova.                                                                                                                               Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web |Facebook| Correo