Crear PDF Recomendar Imprimir

Actividades da Aula Municipal de Informática para o mes de decembro

  • Votación
    (0 votos)
  • Data
    Mes de decembro de 2013
  • Gústame

cartel 12 2013Remítese información sobre as actividades que se están desenvolvendo na Aula Cemit de Celanova e que están a disposición de todas aquelas persoas que desexen achegarse a distintos ámbitos das novas teconoloxías:

Actividades por videoconferencia

Actividades realizadas por videoconferencia e integradas no convenio asinado coa  “Axencia de Modernización e Inclusión Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) en colaboración co “Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG)” da Consellería de Traballo e Benestar, para dar a posibilidade oas interesados que non se poidan desprazar a Santiago:

  • Xornada: "NOVOS PERFÍS PROFESIONAIS NA ERA DIXITAL"
    (xornada organizada por VOLUNTARIADO DIXITAL dentro do apoio na procura de emprego)
    • Día da realización: xoves 5 de decembro
    • Horario: 9.30-13.30
    • Obxectivos: Mostrar aos asistentes perfís de nova creación que atenderán a futuras necesidades das empresas e habilitar un foro de mozos/as galegos, exemplos de emprendemento, que traballan no que máis lles apasiona, o mundo dixital.
    • Destinatarios: Voluntarios dixitais, Entidades de Acción Social, moz@s, desempregados, orientadores laborais e calquera persoa con talento, entusiasta de Internet e o 2.0.
  • infantilpc Seminario "AFECTACIÓN DA REFORMA DA NORMATIVA EUROPEA DE PROTECCIÓN DE DATOS EN CONTORNOS WINDOWS"
    • Data da realización: mércores 11 de decembro
    • Horario: tarde, de 16:30 a 20:30 horas
    • Obxectivos: Explicación do obxecto e ámbito de aplicación do Regulamento Xeral de  Protección de Datos da U.E, así como as obligacións básicas do Regulamento, legalización, lexitimación……
    • Destinatarios: Empresas, e profesionais de redes Microsoft que pretendan achegarse ás novidades da normativa europea de protección de datos dunha forma sinxela e práctica.
    • LEMBRAR  “…..o descoñecemento da Lei non exime do seu cumprimento.”
  • Seminario: “ORACLE DATABASE 12c. BASE DE DATOS DESEÑADA PARA A NUBE”
    • Data da realización: martes 17 de decembro
    • Horario: tarde, de 16:30 a 20:30 horas
    • Obxectivos: dar a coñecer, dende o punto de vista técnico, a nova versión da bbdd Oracle deseñada para a nube e trasladar aos/ás asistentes información relacionada cos procesos de consolidación con multitenant, novas funcionalidades, seguridade, optimización do ciclo de vida e migración de datos.
    • Destinatarios: preferentemente a administradores de bases de datos e, en xeral, desenvolvedores, administradores de sistemas e persoal técnico interesado en adquirir coñecementos sobre a materia.
  • Actividades para cativos: “PAPÁ NÓEL POR VIDEOCONFERENCIA”
    • Colexio Sagrado Corazón:
      • Data da realización: luns 16 de decembro
      • Horario: 11.30 - 12.00
      • Obxectivos: establecer unha comunicación fluída e cara a cara entre Papá Nóel e os nen@ s, na que poderán faer as súas peticións de Nadal e interactuar directamente e sen intermediarios botando mán das novas tecnoloxías.
      • Destinatarios: nen@s de 3 a 5 anos, do colexio “Sagrado Corazón”
    • Colexio Curros Enríquez
      • Data da realización: mércores 18 de decembro
      • Horario: 11.30 - 12.00
      • Obxectivos: establecer unha comunicación fluída e cara a cara entre Papá Nóel e os nen@ s, na que poderán faer as súas peticións de Nadal e interactuar directamente e sen intermediarios botando mán das novas tecnoloxías
      • Destinatarios: nen@s de 3 a 5 anos, do colexio “ Curros Enriquez”

Cursos desenvolvidos pola Aula Cemit do Concello de Celanova

  • Curso: Iniciación á informática. Módulo III. Perfeccionamento
    • Data: do 09-12-2013 ao 20-12-2013
    • Horario: tardes, de 16.00 a 18.30 horas
    • Duración: 15 horas
    • Tipo de actividade: Continuación do curso de formación de alfabetización dixital, asentando contidos xa vistos, e adquirindo destrezas na manipulación básica dun computador, e profundizando na búsqueda de información pola internet….
    • Dirixido a: Persoas con coñecementos básicos de informática que xa asistiron a cursos de iniciación previamente e queiran continuar no aprendizaxe, adquirindo coñecementos e destrezas na manipulación do computador.
  • Curso: Crea e deseña as túas presentacións online con Prezi
    • Data: os días 12 e 19 de decembro de 2013
    • Horario: tardes, de 16.00 a 19.00 horas
    • Duración: 6 horas
    • Tipo de actividade: Coñecer outra maneira de crear as propias presentacións de maneira online e sin a necesidade de adquirir un programa para elo.
    • Dirixido a: Ciudadanía en xeral interesado na materia, que manexe a nivel usuario un computador, así como internet e posúa unha conta de correo electrónico

Actividades para cativos

  • Taller: Deseña a túa postal dixital
    • Data: 23 e 24 de decembro de 2013 (1 grupo por día, máx. 15 nenos por grupo)
    • Estrutura: 2 grupos de 15 nenos cada un
    • Horario: 11.00 - 13.00
    • Duración: 2 horas por día e grupo cun total de 4 horas.
    • Tipo de actividade: Os máis cativos da casa podrán diseñar a súa postal de nadal a través de internet e felicitar online os seús seres queridos, xogando e aprendendo coas novas tecnoloxías.
    • Dirixido a: nen@s  da vila  con edades comprendidas entre  os 4 e 9 anos.
  • Curso: Mecanografía para cativos
    • Data: do 23 de decembro ao 3 de xaneiro
    • Horario: tardes, de 16.30 a 18.00 horas
    • Duración: 9 horas (1,5 horas cada día)
    • Dirixido a: nen@s interesados na temática de edades comprendidas entre ós 10 e 14 anos.
  • Taller: Xogando na Rede
      • Data: dende o 26 de decembro ao 3 de xaneiro
      • Horario: mañás, de 11.30 a 12.30 horas
      • Duración: 6 horas (1 hora cada día)
      • Temática: os cativos poderán aprender xogando a utilizar as novas tecnoloxías, cunha utilización segura e responsable das devanditas.
      • Dirixido a: nen@s de entre 6 e 12 anos.

Máis información en cemit.celanova@xunta.es, no 988 431 604, nas Oficinas do Concello ou na propia Aula Cemit sita no Parque das Triguerizas.

A aula está aberta a toda a cidadanía, libre e gratuitamente, para o uso dos ordenadores e internet en horario libre de cursos.
Requisitos: Faerse usuario da aula e si es menor autorización dos país ou titor legal.

 

      ©2012 - Concello de Celanova.                                                                                                                               Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web |Facebook| Correo