Presentación I Festival Hércules Brass, que terá lugar entre os días 27 e 30 de agosto en Celanova
O conselleiro de Cultura, o Vicepresidente da Deputación de Ourense, o Alcalde de Celanova e os compoñentes do grupo Hércules Brass asistirán á rolda.
Convoca:
Hércules Brass, Concello de Celanova, Deputación provincial de Ourense Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Lugar:
Centro Cultural Márcos Valcárcel
O Quinteto de metais “Hércules Brass presentan o “I Festival Hércules Brass Celanova".
Nel, ademais de ofertar concertos de música de cámara de grupos galegos, conferencias, clases maxistrais e actividades de ocio, para a ocasión darase a coñecer unha nova formación musical “Hércules Brass Ensemble”, grupo de metais que fará de punto de encontro de algúns dos mellores profesionais galegos dos instrumentos de vento metal e percusión, formación que estará dirixida por un dos máis influentes trombonistas de tódolos tempos como é Enrique Crespo.
O festival celebrarase dende o 27 ao 30 de agosto en Celanova, Concello coñecido polo seu valor patrimonial, histórico, literario e cultural.
Preténdese que dito festival teña continuidade e que se celebre cada ano a finais do mes de agosto, mantendo o nivel tanto dos artistas nacionais como dos internacionais, e introducir cada ano novas actividades que complementen os aspectos culturais, artísticos e recreativos ofrecidos nesta primeira edición.
Participan:
- Rosendo Fernández – Vicepresidente da Deputación de Ourense
- José Luís Ferro – Alcalde de Celanvoa
- Grupo Hércules Brass
- Xesús Vázquez Abad – Conselleiro de Cultura