O día 1 de novembro ás 12.00 horas inaugúrase a exposición dos premios do concurso de fotografía da XIII edición da Romaría Etnográfica Raigame no Concello de Celanova.
A exposición destas fotografías permanecerá aberta en horario de oficina durante todo o mes de novembro nos baixos da Casa do Concello de Celanova
Para ver as fotografías premiadas e mailas series preme na seguinte ligazón.
O Concello de Celanova e o Centro da Cultura Popular Xaquín Lorenzo da Deputación Provincial de Ourense queren dar a coñecer os gañadores do Concurso de fotografía que anualmente convoca con motivo da celebración da Romaría Etnográfica Raigame.
Vistos os traballos presentados ao concurso fotográfico da XIII Romaría Etnográfica Raigame do 17 de maio de 2014, o xurado formado por Xulio Fernández Senra, Fco. Xavier Álvarez Campos, Xosé Lois Vázquez “Che” e Antonio Piñeiro, que actuou de secretario, reunido o 5 de setembro de 2014 en Celanova decidiu conceder os seguintes premios:
Ademais disto, o xurado acordou conceder mencións especiais e accesits, pola creatividade, orixinalidade e singularidade amosadas nas súas propostas (consistentes na selección para a exposición Estampas dunha romaría dentro da programación do Outono Fotográfico) aos traballos de:
A exposición estará aberta ao público do 1 ao 30 de Novembro no concello de Celanova e do 1 ao 31 de Decembro no CCP Xaquín Lorenzo de Ourense.