Presentación do II Festival Hércules Brass de Celanova
HBPresentación do II Festival Hércules Brass de Celanova
O festival desenvolverase entre o 4 e o 8 de agosto
A presentación do festival terá lugar o próximo luns, 22 ás 11.00 horas na Sala de Xuntas da Deputación Provincial de Ourense
Convoca: Deputación provincial, Concello de Celanova, Secretaría Xeral de Cultura e grupo Hércules Brass
Lugar: Sala de Xuntas da Deputación provincial de Ourense
Data: Luns, 22 de xuño de 2015
Hora:11,00 horas
Tema: Presentación do programa do II Festival Hércules Brass Celanova, que se desenvolverá na vila de San Rosendo entre os días 4 e 8 de agosto e que acollerá diversas actividades formativas no ámbito da música dos instrumentos de vento, como clases maxistrais, coloquios e sobre todo concertos, tanto no Claustro Barroco do Mosteiro coma noutros espazos urbanos de Celanova, transformando a esta vila durante eses días no epicentro da música de vento de Galicia.
Participan:
- Rosendo L. Fernández – Vicepresidente da Deputación de Ourense
- Anxo Lorenzo – Secretario Xeral de Cultura
- José Luís Ferro – Alcalde de Celanova
- Hërcules Brass Quinteto de metais