Crear PDF Recomendar Imprimir

Bases de participación na Ramallosa 2015

  • Votación
    (0 votos)
  • Gústame

farolesNo documento abaixo indicado achéganse as bases de participación na Ramallosa de 2015.

  1. Haberá 3 modalidades de premios:
    A.- Farois artísticos confeccionados polos propios participantes
    B.- Ramos tradicionais engalonados con farois propios ou dos repartidos pola organización
    C.- Fachada ou ó local comercial mellor adornado con farois
  2. Para optar ós premios é obrigatorio inscribirse na Oficina de Turismo do Concello de Celanova antes das 14,00 horas do día da Ramallosa e, nos casos A) e B), completar o percorrido tradicional da Ramallosa.
  3. Os grupos participantes no apartado A), ademais de portar o farol artístico deberán portar tamén ramos con farois tradicionais encendidos.
    3.1.- Consideraranse farois artísticos aquelas construccións que, seguindo os principios formais dun farol, reproduzan obxectos reais ou imaxinarios abertos á creatividade artística dos seus autores.
    3.2.- Non se pon límite ningún ó tipo de material (papel, tela, plástico, etc.) utilizado para a confección deste tipo de farois, sempre e cando o efecto que se consiga sexa o propio dun farol e o obxecto irradie luz do seu interior.
  4. Os participantes que opten ó apartado B), deberán portar un ramo de loureiro, carballo ou calquera outra especie arbórea autóctona, do que pendurarán os farois encendidos.
  5. Non se permitirán vehículos motorizados nin a presenza de cabalos ou outros animais de acompañamento. Durante o percorrido do desfile e con carácter excepcional autorízase a presenza de carritos musicais, quedando prohibidos ó remate do mesmo.
  6. Os participantes que opten ó apartado C), deberán manter os farois iluminados, cando menos en canto dura a Ramallosa.
  7. Os premios serán entregados no transcurso da verbena.
  8. Concederanse dous premios para cada modalidade:
    -Modalidade A:
    -1º: 300 € concedidos polo Concello de Celanova
    -2º: 100 € concedidos pola Mancomunidade Terra de Celanova
    -Modalidade B:
    -1º: 300 € concedidos polo Concello de Celanova
    -2º: 100 € concedidos pola Mancomunidade Terra de Celanova
    -Modalidade C:
    -1º: 300 € concedidos polo Concello de Celanova
    -2º: 100 € concedidos pola Mancomunidade Terra de Celanova
  9. O xurado estará composto por representantes municipais e de diversos colectivos socio-culturais da vila.
  10. Calquera imprevisto será resolto polo xurado no transcurso da Ramallosa e a participación no concurso implica a aceptación das presentes bases.
  11. O ramo da Ramallosa será sorteado co número que se entregrará ó comprar a pañoleta.

DILIXENCIA.- Póñao eu, secretario, para facer constar que as bases precedentes foron aprobadas en virtude de acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local en sesión celebrada o día 13 de xullo de 2015.

 

      ©2012 - Concello de Celanova.                                                                                                                               Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web |Facebook| Correo