Crear PDF Recomendar Imprimir

O mércores día 6, dará comezo un novo ciclo de Concertos Didácticos de Órgano de Celanova

  • Lugar
    Coro Alto da Igrexa do Mosteiro de San Rosendo de Celanova
  • Votación
    (0 votos)
  • Data
    Mércores, 5 de abril de 2016
  • Gústame

2016 concertos didacticosEsta VII edición do programa ofrecerá de novo 30 concertos en dez xornadas nas que participarán 1.100 alumnos de colexios, institutos e conservatorios de distintos lugares de Galicia

Convoca:

  • Concello de Celanova

Lugar

  • Coro Alto da Igrexa do Mosteiro de San Rosendo de Celanova

Data:

  • Mércores, 5 de abril

Hora:

  • 11,00 – 12,00 e 13,00 horas

Tema:

  • Comezo do programa de Concertos Didácticos de Órgano que un ano máis impartirá a profesora de órgano do Conservatorio de Música de Ourense, Marisol Mendive, no órgano da igrexa de San Rosendo de Celanova e que está destinado o alumnado dos colexios, institutos e conservatorios de música de toda Galicia.
  • Nesta séptima edición, ata o próximo día 8 de xuño participarán un total de 27 centros escolares de toda Galicia, coa asistencia de arredor de 1.100 alumnos e alumnas deses centros.
  • O calendario de concertos será o de tres sesións de concertos en horario de mañá (11,00 – 12,00 e 13,00) tódolos mércores, dende mañá ata o próximo día 8 de xuño.

Centros participantes:
Os participantes no programa poderán interpretar cos seus instrumentos (frautas e outros) de forma conxunta 3 pezas musicais na compaña do órgano. Estas pezas teñen sido preparadas previamente nos seus centros escolares cos profesores de música.

Ademais, terán a oportunidade de coñecer os principais referentes históricos e monumentais de Celanova participando na visita guiada “Celanova, un paseo pola historia de Galicia”.

O mércores participarán os seguintes centros:

  • 11,00, IES Cidade de Antioquía 36 Xinzo de Limia
  • 12,00, CPR Pablo VI Fátima, 40, A Rúa de Petín
  • 13,00, IES Moncho Valcarce 50 As Pontes de García Rodríguez

 

      ©2012 - Concello de Celanova.                                                                                                                               Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web | RSS| Correo