Crear PDF Recomendar Imprimir

Unha maqueta do Barco Santa María centrará as actividades do centenario de Pepe Velo en Celanova

  • Lugar
    Rúa Pepe Velo de Celanova
  • Votación
    (0 votos)
  • Data
    Luns, 11 de abril de 2016
  • Gústame

2016 foto museo barcoA reprodución a escala do Buque no que viaxaron tantos galegos cara Venezuela, forma parte dos fondos do Museo de Pontevedra.

Poderase visitar nunha exposición sobre o barco que será montada na Casa dos Poetas

O Secretario Xeral de Cultura, Anxo Lonrenzo, e o alcalde de Celanova e presidente da Fundación Curros Enríquez, darán a coñecer mañá as actividades previstas para celebrar o centenario do nacemento de Xosé Velo Mosquera, o vello celanovés que fora co-fundador das Mocedades Galeguistas e logo activo dinamizador cultural e político da sociedade galega en Caracas e que acabou morrendo no ano 1972 no exilio en Brasil, logo de ter protagonizado o coñecido episodio da toma do transatlántico portugués, Santa María, en medio do océano Atlántico, co fin de denunciar ante o mundo as dictaduras de Franco e Salazar.

A presentación ós medios de comunicación terá lugar mañá luns, ás 11,30 horas na confluencia das rúas San Rosendo con Pepe Velo, non en van o intelectual e activista político conta cunha rúa en Celanova dende hai xa 20 anos, cando en 1996 os seus fillos Víctor e Manuela (xa falecida) viaxaron a Celanova para participar nas distintas homenaxes que con tal motivo se celebraron naquel momento na súa vila natal.

A exposición está nestes momentos en fase de producción por parte da Fundación Curros Enríquez e o obxectivo é manteña aberta polo menos ata a finais do mes de agosto co fin de que a mostra e a maqueta do espectacular buque poida ser visitada pola meirande parte dos emigrantes ourensáns que algún día viaxaron nel en viaxe de ida ou de volta.

Ademais, os actos contarán coa proxección de diversos documentais e films relacionados coa vida de Pepe Velo e co propio episodio do Santa María, así como algún concerto no que se interpretarán composicións musicais elaboradas a partir de distintos poemas escritos polo propio Pepe Velo.

CONVOCATORIA Á PRENSA

Día: Luns, 11 de abril

Hora: 11,30

Lugar: Rúa Pepe Velo (Celanova)

Intervirán:

  • Anxo Lorenzo – Secretario Xeral de Cultura
  • José Luís Ferro – Presidente da Fundación Curros Enríquez
  • Antonio Piñeiro – Biógrafo de Pepe Velo

 

      ©2012 - Concello de Celanova.                                                                                                                               Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web | RSS| Correo