Crear PDF Recomendar Imprimir

Actividades para cativ@s da Fundación Curros Enríquez de Celanova

  • Lugar
    Fundación Curros Enríquez, Praza de Abastos e Aula Cemti
  • Votación
    (0 votos)
  • Gústame

2016 07 entra no bosqueCOMEZAN AS ACTIVIDADES PARA NENOS DA FUNDACIÓN CURROS ENRÍQUEZ

COCIÑA, XOGOS, COGOMELOS, NATUREZA E CHOCOLATE PARA ESTE VERÁN EN CELANOVA

A Fundación Curros Enríquez en colaboración co Concello de Celanova da comezo as actividades organizadas para os máis pequenos. As temáticas para este verán son tan diversas como estas: cociña, xogos, cogomelos, natureza e chocolate.

26-29 xullo : II Celanova chef

1-5 agosto : De festa en festa e tiro porque me presta!

8-12 agosto: Somos artistas!

9 e 12 agosto: Xogo da gargoliña

12 agosto: Entra no noso bosque

17-19 agosto: Obradoiro de chocolate

COCIÑA

Entre os días 26 e 29 de xullo de 2016 terá lugar a 2ª edición do Obradoiro de cociña para nenos  CELANOVA CHEF. Destinado a rapaces de entre 8 e 14 anos interesados en aprender a cociñar e coñecer os produtos no mercado, será desta vez unha edición centrada en especial na repostería. Ante a gran demanda que tivo este obradoiro ás sesións de mañá (de 10:30-12:30) houbo que engadirlle unha sesión recucida de tarde os días 27 e 29 (de 18:00 a 19:30), contando finalmente cun total de 50 inscritos que se dividirán en horario de mañá ou tarde.

Este obradoiro estará a cargo do cociñeiro Martín Álvarez González.

2016 07 porque me prestaXOGOS

Do 1 ó 12 de agosto terán lugar dous obradoiros de manualidades, xogos e búsquedas de tesouros impartidos por Xurxemurxe Xestión Cultural. Inscrición na Fundación Curros Enríquez a través do 646026421.

Para nenos de 3 a 6 anos: DE FESTA EN FESTA E TIRO PORQUE ME PRESTA! Xogando con dinámicas variadas en relación coas festas galegas, celebrarase este obradoiro nas instalacións da Aula Cemit do 1 ó 5 de agosto.

Para nenos de 3 a 12 anos: SOMOS ARTISTAS! Traballaremos nesta ocasión con dinámicas relacionadas coa arte, a historia e a literatura. Terá lugar na Casa dos Poetas do 8 ó 12 de agosto.

COGOMELOS

Organizado por Rosenlands, proxecto cultural e turístico, esta Fundación colabora na organización do XOGO DA GARGOLIÑA, no que os nenos aprenderán xoganto a coñecer e cultivar cogomelos. Cun aforo por día de 25 nenos de entre 5 e 12 anos, os días 9 e 12 de agosto ás 19:00 terá lugar esta cita no Claustro barroco do Mosteiro de Celanova. A reserva realizarase na oficina de turismo de Celanova e inclúe material e agasallo para poder cultivar e levar cogomelos.

NATUREZA

O día 12 de agosto ás 9:30 no Monte da Cruz (saída e regreso desde a Praza Maior) desenvolverase o xogo ENTRA NO NOSO BOSQUE, DESCUBRE A SÚA MAXIA. Destinado a nenos e adultos, as pistas agochadas irán descobrindo ós habitantes do bosque: escoitarémolos os animais, cheiraremos as flores, recolleremos froitos e miraremos as árbores. Organizado por Rosenlands, proxecto cultural e turístico en colaboración coa Fundación Curros Enríquez, recolle as reservas na oficina de turismo de Celanova.

2016 07 gargolinhaCHOCOLATE

Organizado por Chocoabrazo Terras de Rosendo en colaboración coa Fundación do escritor celanovés os días 17 a 19 de agosto realizarase un OBRADOIRO DE CHOCOLATE destinado a nenos de entre 5 e 12 anos na pranta superior da Praza de Abastos de Celanova. A poesía será a protagonista da decoración de chocolatinas e outras delicias con chocolate. A inscrición será a través do 646026421.

 

      ©2012 - Concello de Celanova.                                                                                                                               Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web | RSS| Correo