Imprimir

A volta ciclista a España en Celanova

  • Lugar
    Praza Maior do Concello de Celanova
  • Votación
    (1 voto)
  • Data
    Sábado, 20 de agosto de 2016 todo o día
  • Gústame

2016 08 volta ciclistaDurante toda a xornada do sábado, Celanova tamén será protagonista de Volta Ciclista a España, pois mentres se celebra a etapa de contrarreloxo de Castrelo do Miño, o Parque Publicitario estará instalado na Praza Maior da nosa vila, acollendo actividades lúdicas e de promoción comercial de tódalas marcas que forman parte do elenco patrocinador de La Vuelta. Dende primeira hora da mañá comezarána instalar os diversos stands das marcas publicitarias nun recinto que ocupará a Praza Maior, a Rúa da Botica e a Alameda.

E o máis importante é que a partir das 4,30 da tarde o parque será tamén protagonista en Televisión, pois será escenario da retransmisión televisiva da carreira.