Crear PDF Recomendar Imprimir

1ª Feira do Stock en Celanova

  • Lugar
    Claustro Barroco do Mosteiro do Concello de Celanova
  • Votación
    (0 votos)
  • Data
    Domingo 21 de agosto de 2016 de 11.00 a 20.00 horas
  • Gústame

2016 08 feirastock 1Podes mercar de todo... e nun só día

O claustro barroco do Mosteiro de Celanova albergará a primeira edición da Feira do Stock, evento que contará coa presenza de 20 stands de comercios de diferentes sectores (moda e complementos, calzado, mobles e decoración, deportes, mercería-modista, óptica, electrodomésticos...) e na que veciños e visitantes terán a ocasión de mercar produtos de diferentes sectores e de primeiras marcas, a un prezo moi reducido. E todo concentrado nun único espazo.

O evento que nace con vocación de continuidade, como colofón comercial das festas do verán, terá lugar o vindeiro domingo 21 de agosto en horario de 11:00 a 20:00 horas e incluirá unha zona gastronómica, sesión vermú con degustación de viño e outros produtos, sorteos e obradoiros infantís.

2016 08 feirastock 2O obxectivo é que a Feira do Stock sexa un escaparate para promocionar a oferta local e a tradición comercial da vila.

 

      ©2012 - Concello de Celanova.                                                                                                                               Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web | RSS| Correo