Malasombra presenta a obra de teatro "O día do pai"
Malasombra presenta a obra de teatro "O día do pai"
Ficha artística da obra:
Compañía: Malasombra producións
Título de espectáculo: O día do pai
Público: Adulto (maiores de 16 anos)
Xénero: Comedia
Duración: 70 minutos
Intérpretes: Gabriel Estrada, Jouse García, Alberto Rolán e Xoque Carbajal
Autoría: Ana Graciani e Gabriel Olivares
Tradución: Teresa González Costa
Escenografía: Ana Tusett
Iluminación: Xoque Carbajal
Direccción: Marcos Orsi
SINOPSE:
Tres homes de aspecto e condición social moi distintos, foron citados nunha clínica de reproducción asistida.
Descoñecen o motivo, pero sospeitan -temen- que foron citados para seren obxecto dunha proba de paternidade. Están convencidos de que non teñen nada en común, pero han descubrir axiña que os tres mantiveron unha relación coa mesma muller que os vai someter a unha delirante “proba de paternidade”.
Manuela decidiu ser nai solteira e busca un pai solteiro. Cal dos tres será o máis axeitado para converterse en pai?
“O Día Do Pai” é unha comedia trepidante sobre esta singular loita de espermatozoides por conquistar o óvulo. Todos loitarán por conseguir o mesmo obxectivo. Pero, quen será o máis axeitado?
Selección natural nunha clínica de reproducción artificial.
Pero, de verdade: ¿Por que os homes queren ser pais?