Crear PDF Recomendar Imprimir

Celanova programa un ciclo de cine venezolano para dar a coñecer algunhas das produccións de xenon films, a productora de José Sousa (premio ourensanía 2016)

  • Votación
    (0 votos)
  • Gústame

2016 11 ciclo cine venezolanoO Auditorio Municipal Ilduara de Celanova programará a proxección de tres películas producidas por Xenon Films, a productora venezolana de José Sousa, o ourensán, natural de Ramirás, que este ano foi galardonado co recoñecemento do premio “Ourensanía 2016”.

O Concello de Celanova quixo aproveitar a presencia de José Sousa en Ourense co fin de recibir o premio o próximo día 11, para programar tres das súas máis exitosas produccións cinematográficas, como son “El manzano azul”, “El malquerido” y “La casa del fin de los tiempos”, tratando así de dar a coñecer o extenso labor cinematográfico que José Sousa leva realizado ó longo da súa vida en Venezuela e que ten elevado a súa productora a ser unha das de maior niveld e producción cinematográfica daquel país.


– “El manzano azul” Martes 8 de novembro, 20.00h

Diego, un neno duns 11 anos, con serias carencias afectivas, vese obrigado a pasar unhas vacacións co seu avó Francisco, a quen apenas coñece, nunha pequena finca das montañas dos Andes Venezolanos. É un mundo completamente novo: sin televisión, sin móvil, sin luz eléctrica e con un frío intenso, pero a experiencia, que xira en torno a unha maceira máxica, márcao para toda a vida


- “El Malquerido” Mércores 9 de novembro, 20.00h

O filme retrata a vida de Felipe Pirela, desde que a inspiración e o camiño da música abríronse nunha emisora de radio no seu Maracaibo natal, ata conquistar os mercados e plazas internacionais. En medio desta trama, o encontro co amor da súa vida, unha nena, un soño de felicidade imposible. Un bolero que o perseguirá ata o final da súa vida. A pesar de que lonxe de Venezuela pretenda reconducila, recuperar o éxito, e atoparse unha vez máis co romance, a paixón, e a música.


- “ La casa del fin de los tiempos” Xoves 10 de novembro, 20.00h

Narra a historia de Dulce (Ruddy Rodríguez), unha nai de familia que ten encontros con aparicións dentro da súa vella casa, onde debe descifrar un oscuro misterio...

 

      ©2012 - Concello de Celanova.                                                                                                                               Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web | RSS| Correo