Crear PDF Recomendar Imprimir

Entregados os premios de fotografía da Romaría Etnográfica Raigame 2016

  • Lugar
    Sala dos Arcos dos baixos do Concello de Celanova
  • Votación
    (0 votos)
  • Data
    Ata o 31 de novembro de 2016
  • Gústame

2016 11 premiados raigameA Sala dos Arcos do Concello de Celanova acolleu hoxe o acto de entrega dos premios de fotografía que cada ano se convoca con motivo da celebración da Romaría Etnográfica Raigame, que como é sabido ten lugar cada 17 de Maio en Vilanova dos Infantes.

A entrega dos premios tivo lugar con motivo da inauguración da exposición fotográfica que tamén se celebra anualmente coincidindo co Outono Fotográfico e que estará na Sala dos Arcos do Concello de Celanova durante o que resta de mes de novembro, baixo o título tradicional coa que se presenta esta mosta "Estampas dunha romaría".

Os premios concedidos foron os seguintes:

  • 1º Premio á mellor serie fotográfica (500 €) á ao traballo titulado "Retratos" de José Ángel Paz Gil, de Cangas do Morrazo (Pontevedra)
  • 1º Premio á mellor fotografía (300€) ao traballo titulado "Xente de Vilanova 1", de Ana Iglesias, da cidade de Ourense.
  • 2º Premio á mellor fotografía (250€) ao traballo titulado "O gaiteiro cortés" de Beatriz Cabanelas González, de Pontevedra.
  • 3º Premio á mellor fotografía (200€) ao traballo titulado "Tra-la-festa"de Isabel Janeiro Touriño, do Carballiño-Ourense.

Ademais disto, pola creatividade, orixinalidade e singularidade amosadas nas súas propostas, acordouse conceder dúas mencións especiais ás series:

  • "Bailando aos catro ventos", de José Manuel Nóvoa Blanco, de Ourense.
  • "As raiñas do Raigame", de Isabel Janeiro Touriño, do Carballiño-Ourense.

Así mesmo, tamén acordou conceder accesits as seguintes fotografías que formarán parte da Exposición fotográfica que será organizada no marco do Outono Fotográfico de Ourense:

  • "Xente de Vilanova-2", de Ana Iglesias , de Ourense.  
  •  "Con moito mimo", de Manuel Pazos Vázquez, de Marín-Pontevedra
  • "Complicidad" e "Secreto compartido", de Susana Baños González, de Ourense.
  • "Amancio. O pequeno romero", de Beatriz Cabanelas González, de Pontevedra.
  • "A modista", de José Manuel Nóvoa Blanco, de Ourense.
  • "Moceando", de José López Pérez, de Santiago de Compostela.
  • "Gaiteiro", de José Ángel Paz Gil, de Cangas do Morrazo, Pontevedra.

Como xa foi dito, a exposición estará do 1 ao 30 de Novembro no concello de Celanova e do 1 ao 31 de Decembro no CCP Xaquín Lorenzo de Ourense.

 

      ©2012 - Concello de Celanova.                                                                                                                               Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web | RSS| Correo