Crear PDF Recomendar Imprimir

O portal compraencelanova.com presenta un catálogo publicitario fotográfico polo seu primeiro aniversario

  • Lugar
    Refectorio do Mosteiro de Celanova
  • Votación
    (0 votos)
  • Data
    Venres, 18 de novembro de 2016 ás 20.30 horas
  • Gústame

2016 11 compraencelanovaNo mes de decembro cumprirase un ano da apertura do Portal Web compraencelanova.com, o portal do comercio de Celanova e para celebralo o seu equipo presenta a súa última iniciativa: O CATÁLOGO FOTOGRÁFICO “COMPRAENCELANOVA”.

Nesta primeira edición do catálogo participaron un total de 98 establecementos que deron como resultado un material gráfico de 49 fotografías. Todas as imaxes foron tomadas polas responsables do estudio fotográfico Imagink, establecemento que tamén forma parte do proxecto compraencelanova.

Estas fotografías son un reflexo dunha boa parte do tecido comercial de Celanova e con este catálogo preténdese dinamizar e facer difusión dos establecementos que forman parte de compraencelanova a través dun material gráfico único e novidoso.

A presentación terá lugar mañá venres 18 de novembro ás 20:30 horas no Refectorio do Mosteiro de Celanova.

Compraencelanova é unha iniciativa da Fundación Curros Enríquez coa que se pretende que todos os establecementos comerciais e empresas radicadas dentro do termo municipal de Celanova se promocionen na Internet de forma conxunta e individualizada ao mesmo tempo, contando cun único escaparate. O verdadeiro atractivo deste espazo radica na oferta de conxunto, pois ó conseguir que practicamente toda a rede comercial de Celanova se presente baixo un único rexistro como é www.compraencelanova.com, fai que o efecto divulgador se vexa multiplicado dun xeito exponencial e o nivel potencial de coñecemento de cada un dos negocios se vexa sensiblemente incrementado.

Ademais de conseguir que todos os establecementos poidan contar con presenza en Internet a través dun website propio, os obxectivos deste portal son: incorporar ós comerciantes de Celanova ó mundo das novas tecnoloxías; conseguir que tódolos negocios de Celanova estean presentes na Rede; e dotar a tódolos negocios de Celanova dunha web personalizada, dende a que poder ofrecer os seus produtos, non xa ós posibles clientes máis achegados xeográficamente, senón a todos os clientes potenciais que, cada vez con máis incidencia, acceden ó servizo de compras a través de Internet.

Compraencelanova comezou a súa andadura na Rede en decembro de 2015 e, na actualidade, o portal web presta servizo a un total de 112 establecementos comerciais.

Ademais da súa actividade principal (dotar de contido o portal web), o equipo humano que executa compraencelanova, despois de recoller as demandas dos comerciantes, tamén liderou campañas de promoción, difusión e dinamización comercial: campañas de comunicación (vídeos de sensibilización do comercio local, vídeo en prol do consumo no día da nai); campañas promocionais (concurso fotográfico polo sábado de piñata, pulseiras de silicona con textos manuscritos polo escritor Curros Enríquez), e a organización de eventos (Presentación Libros, Feira Larpeira, Feira do Stock, Campaña de Promoción da Praza de Abastos “Quere o teu Mercado”), etc.

ACTO: Presetación Catálogo Compraencelanova 2016

DATA: Venres, 18 de novembro de 2016

HORA: 20:30 horas

LUGAR: Refectorio do Mosteiro de Celanova

RELATORES: Martín Cidre e Alejandro Montes, Compraencelanova; Carolina Piñeiro e Rosalía Piñeiro, Estudio fotográfico Imagink.

 

      ©2012 - Concello de Celanova.                                                                                                                               Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web | RSS| Correo