Crear PDF Recomendar Imprimir

Proxección do filme de animación Ballerina, no AMIC

  • Lugar
    Auditorio Municipal Ilduara de Celanova (AMIC)
  • Votación
    (0 votos)
  • Data
    Domingo 4 de xuño ás 19.00 horas
  • Gústame

2017 05 ballerinaEste domingo 04 de xuño ás 19:00h proxectaremos no AMIC a película "Ballerina".

Ballerina é unha película de animación para os cativos da casa que conta a historia de Felicia e Víctor, dous orfos que escapan da institución na que viven para tentar cumprir os seus soños.

Felicia é unha nena que, tras perder aos seus pais, vive nun orfanato na súa Bretaña natal. A súa paixón é a danza e soña con converterse nunha bailarina profesional. Para conseguilo foxe coa axuda do seu amigo Víctor e viaxa ata o París de 1879. Alí farase pasar por outra persoa para conseguir entrar como alumna da Grand Opera House e así loitar por ter a vida que desexa.

Entrada: 3€

A taquilla abrirase 30 minutos antes do comezo da película.

 

      ©2012 - Concello de Celanova.                                                                                                                               Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web | RSS| Correo