Proxección película 100metros no AMIC
Comedia dramática baseada nunha historia real
Ramón, pai de familia xa na treintena, vive para o traballo ata que o seu corpo empeza a fallar. Diagnosticado de esclerose múltiple, todos os prognósticos parecen indicar que nun ano non será capaz de camiñar nin 100 metros.
Comedia dramática / 105 minutos / 2016 / España / Maiores de 12 anos
Director: Marcel Barrena
Produtores: Carlos Fernández, Laura Fernández, Tino Navarro
Con Dani Rovira, Karra Elejalde, Alexandra Jiménez
Sábado 18 de novembro ás 20:00h no AMIC (Auditorio Municipal Ilduara de Celanova)
Entrada: 3€ (A taquilla abrirase 30 minutos antes do comezo da película)