Crear PDF Recomendar Imprimir

Celanova convertirase o sábado, 20 de outubro, na capital galega da Protección Civil

  • Lugar
    Celanova
  • Votación
    (0 votos)
  • Data
    Sábado, 20 de outubro de 2018 a partires das 9.30
  • Gústame

50 Agrupacións da provincia e máis de 400 voluntarios participaran nas III Xornadas de Convivencia de Agrupacións de voluntarios de Protección Civil de Ourense.

 2018 10 proteccion civilA presentación  das III Xornadas de Convivencia das Agrupacións de Protección Civil de Ourense terá lugar no Auditorio Ilduara de Celanova ás 9:30h.

Pretendese facer una xornada formativa pero tamén de relacións entre agrupacións, que sirva como punto de encontro para os voluntarios de toda Galicia. Creando un ambiente de convivencia non só entre voluntarios de Protección Civil, senón tamén cos demais organismos relacionados co mundo das emerxencias como son Garda Civil, Unidade Militar de Emerxencias (UME), Servizo de Prevención e Loita contra incendios Urbanos e Forestais (SPDCIF), Bombeiros, Ges, Cruz Vermella etc etc. Conseguindo ademais coa realización desta xornada acercar a labor altruísta de Protección Civil a cidadanía en xeral.

O programa formativo que se levará a cabo a través de diferentes talleres prácticos, dos que vos paso o programa definitivo, estará adicado a temas de interese no mundo das emerxencias e nos que as AVPC xogan un papel destacado. Como son, por unha parte prevención e loita contra a Vespa Velutina, Incendios Forestais, Conducción de Vehículos Todoterreo, a Seguridade en probas do motor ou a labor de auxilio e colaboración das AVPC en Accidentes de tráfico. A fórmula empregada de realización de “talleres prácticos” en cada un dos temas dos temas propostos, con grupos reducidos e levados por profesionais de cada tema nas que participan os diferentes voluntarios de protección civil, abondará aínda mais nos obxectivo de cooperación e coordinación entre organismos que se persigue con esta xornada..

Xunto coa asistencia os talleres prácticos os asistentes poderán desfrutar de visitas guiadas a diferentes lugares históricos dunha vila de fonda raigame na cultura de Galicia como é Celanova. Os lugares a visitar serán: O Mosteiro de San Salvador de Celanova, A Casa Museo de Curros Enrríquez, O conxunto arquitectónico de Castromao.

Numerosas serán as autoridades presentes no acto, que contará entre outros coa presenza da Delegada territorial da Xunta de Galicia, Director Xeral de Emerxencias e Interior ou Subdelegado do Goberno.

 

      ©2012 - Concello de Celanova.                                                                                                                               Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web | RSS| Correo