Crear PDF Recomendar Imprimir

Xornada Faite dixit@l e tramita nun clic. Coñece a nova Sede Electrónica da Xunta de Galicia

  • Lugar
    Aula Cemit do Concello de Celanova
  • Votación
    (0 votos)
  • Data
    22 de novembro de 2018 de 10-14 horas
  • Gústame

Queremos informarvos que a Amtega celebrará o “7º aniversario da Sede Electrónica da Xunta de Galicia”e con este motivo, porá en marcha unha nova edición da “Xornada Faite dixit@l e tramita nun clic. Coñece a nova Sede Electrónica da Xunta de Galicia”.

A finalidade desta formación é que coñezamos as claves dos principais servizos da administración dixital é as novidades implantadas na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, fomentar o uso da Administración Electrónica por parte da cidadanía, así como prestarlles un servizo de acompañamento na realización dos seus trámites. Para conseguir este obxectivo, durante a actividade formativa trataranse os seguintes contidos:

1.    Os sistemas de identificación e sinatura electrónica: Certificados electrónicos e Chave365.

2.    A Sede electrónica da Xunta de Galicia: A nova interface e a xestión dos trámites dispoñibles e requirimentos técnicos para o seu uso.

3.    Notifica.Gal: Trámites dispoñibles e requirimentos técnicos para o seu uso.

4.    Outros sistemas de administración electrónica.

 

Lembrámosvos que a actividade é mañán xoves, día 22 de novembro eo horario de realización será de 10.00 a 14:00 horas, retransmitida por videoconferencia dende CDTIC de Santiago de Compostela e presencial na aula CeMIT de Celanova.
 
Si desexas participar podes reservar a túa praza directamente no seguinte link      https://cemit.xunta.gal/actividade/26990
 
Máis información, na aula CeMIT de Celanova (Parque das Triguerizas s/n) e no teléfono 988 43 1604.

 

      ©2012 - Concello de Celanova.                                                                                                                               Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web | RSS| Correo