Xornada Faite dixit@l e tramita nun clic. Coñece a nova Sede Electrónica da Xunta de Galicia
Queremos informarvos que a Amtega celebrará o “7º aniversario da Sede Electrónica da Xunta de Galicia”e con este motivo, porá en marcha unha nova edición da “Xornada Faite dixit@l e tramita nun clic. Coñece a nova Sede Electrónica da Xunta de Galicia”.
A finalidade desta formación é que coñezamos as claves dos principais servizos da administración dixital é as novidades implantadas na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, fomentar o uso da Administración Electrónica por parte da cidadanía, así como prestarlles un servizo de acompañamento na realización dos seus trámites. Para conseguir este obxectivo, durante a actividade formativa trataranse os seguintes contidos:
1. Os sistemas de identificación e sinatura electrónica: Certificados electrónicos e Chave365.
2. A Sede electrónica da Xunta de Galicia: A nova interface e a xestión dos trámites dispoñibles e requirimentos técnicos para o seu uso.
3. Notifica.Gal: Trámites dispoñibles e requirimentos técnicos para o seu uso.
4. Outros sistemas de administración electrónica.