Crear PDF Recomendar Imprimir

Homenaxe a Celso Emilio a través de Moraima

  • Votación
    (0 votos)
  • Gústame

Homenaxe_a_Moraima_0_baixaA Fundación Curros Enríquez en colaboración coa Asociación de Amas de Casa "Ilduara", celebraron onte pola tarde un roteiro literario que centrou a súa temática na muller e na influencia que algunhas mulleres exerceron sobre os grandes escritores de Celanova (Celso Emilio Ferreiro, Manuel Curros Enríquez ou Castor Elices), xa fosen namoradas súas (Celso Emilio e Moraima), xa mulleres ás que admiraban (Curros e Rosalía) ou ben de relación matriarcal (Castor Elices e Laureana). A xornada iniciouse ás 5 da tarde na Casa dos Poetas e percorreu algunhas das rúas máis centricas de Celanova pasando polo mosteiro, a alameda ou a Taberna do Galo, lugares cotiáns da vila onde estes os autores se inspiraron para escribir tales composicións.

No acto, ademais dunha representación da asociación de mulleres Ilduara de Celanova estivo presente o fillo de Celso Emilio Ferreiro e director da Fundación que leva o nome do poeta de Celanvoa do que se está celebrando o seu centenario, así como o alcalde de Celanova, José Luis Ferro, e os concelleiros do grupo de goberno celanovés, Maximino Rodríguez, Máximo Losada e Pilar Regueiro, que recitaron diversos poemas que os poetas de celanova lles dedicaron ás súas mulleres.

Homenaxe_a_Moraima_0_baixa Homenaxe_a_Moraima_0_baixa Homenaxe_a_Moraima_0_baixa Homenaxe_a_Moraima_0_baixa

 

      ©2012 - Concello de Celanova.                                                                                                                               Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web |Facebook| Correo