VI ciclo de Concertos Didácticos de órgano na Igrexa de San Salvador do Concello de Celanova
O Concello de Celanova, en colaboración co Conservatorio de Música de Ourense, a Deputación de Ourense e a Parroquia de San Rosendo en Celanova; e patrocinado pola Xunta de Galicia, organiza o VI ciclo de concertos didácticos de órgano na Igrexa de San Salvador en Celanova.
Estes concertos están dirixidos a alumnado de Primaria, Secundaria e Bacharelato, teñen unha duración de 50 minutos e os grupos poderán ser de máximo 50 alumnos/as. Pódense organizar varios grupos, e mentres un grupo está no concerto, o outro podería realizar as visitas guiadas polo fermoso recinto do mosteiro: Igrexa, claustro, capela de San Miguel,etc.
Ofértanse 10 xornadas con tres clases-concerto pola mañá desde o mes de Marzo ao mes de Xuño, nas seguintes datas:
- 25 de Marzo de 2014
- Mes de Abril: os martes 1, 8 e 29
- Mes de Maio: os martes 6, 13, 20 e 27
- Mes de Xuño: os martes 3 e 10
Horarios: de 11:00 a 11:50, de 12:00 a 12:50 e de 13:00 a 13:50
Contactos:
Concello de Celanova
Praza Maior 1, 32800 Ourense Tfnos: 988431481/988431930
www.concellodecelanova.com
cultura@concellodecelanova.com
biblioteca@concellodecelanova.com
turismo@concellodecelanova.com
Para máis información, descargade a unidade didáctica anexa.
Esta nova está tamén subida na Web da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
-
Recursos asociados