Imprimir

CHARLA MOTIVACIONAL NO OBRADOIRO DE EMPREGO “SAN ROSENDO. SEGUE O CAMIÑO…”

  • Votación
    (0 votos)
  • Gústame

obradorio 2014 1bO Obradoiro de Emprego “San Rosendo… Segue o camino” é una iniciativa desenvolvida polos concellos de Celanova, Bande e Verea para fomentar o turismo cultural como motor de desenvolvemento económico das comarcas de Terra de Celanova e Baixa Limia.

Esta iniciativa está financiada polo Fondo Social Europeo através do Ministerio  de Emprego e Seguridade Social, da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e dos Concellos de Celanova, Bande e Verea.

Hoxe venres 3 de outubro, durante toda a xornada de mañá e nas instalacións do Auditorio Municipal Ilduara  de Celanova, tivo lugar unha xornada formativa dirixida ao alumnado e impartida por Manuel Rivero Pérez, sociólogo e antropólogo, oriundo de Bande, e que conta cun extenso curriculum académico e unha dilatada experiencia laboral orientada ao estudo  dos liderados e as habilidades humanas.

obradorio 2014 2bO obxectivo da charla foi fomentar a cultura do emprendemento e que os alumnos se sintan atraídos por emprender un proxecto vinculado aos recursos patrimoniais e turísticos da súa comarca.

A presentación desta xornada correu a cargo dos alcaldes de Bande e Celanova, José Antonio Armada Pérez e José Luis Ferro Iglesias respectivamente que agradeceron ao coach a asistencia e impartición destas charlas.

Contacto: Concello de Celanova