Imprimir

VII ciclo de concertos didácticos de órgano. Igrexa de San Salvador de Celanova 2016

  • Votación
    (0 votos)
  • Data
    Meses de abril, maio e xuño
  • Gústame

2015 concertosdidacticosComo todos os anos, nas próximas semanas terá lugar un ciclo de concertos didácticos cuxo público serán diferentes centros educativos de Galicia, e que tratará de darlle protagonismo ao órgano existente no Mosteiro de San Salvador de Celanova.

Ficha resumo

Lugar: Órgano do coro alto da igrexa de San Salvador de Celanova

Duración das sesións: 50 minutos

Beneficiarios: Dirixidos a alumnos dos últimos cursos de Primaria, Secundaria e Bacharelato

Número de participantes: Máximo 50 alumnos por grupo. Mentres un grupo está no concerto, outros grupos poden realizar as visitas guiadas polo fermoso recinto do mosteiro: Igrexa, claustro, capela de San Miguel, torre das campás, etc.

Dirixido por: Marisol Mendive. Profesora de órgano do Conservatorio de Música de Ourense

Datas de celebración: O programa planifícase para ofertar 10 xornadas con tres clases-concerto pola mañá dende o mes de Abril ata o mes de Xuño.

  • Abril
    • Mércores, 6
    • Mércores, 13
    • Mércores, 20
    • Mércores, 27
  • Maio
    • Mércores, 4
    • Mércores, 11
    • Mércores, 18
    • Mércores, 25
  • Xuño
    • Mércores, 1
    • Mércores, 8

Teléfono de contacto: 988432201

 En total son 30 concertos didácticos de 50 minutos de duración.

Horario das sesións didácticas:

  • De 11.00 a 11.50
  • De 12.00 a 12.50
  • De 13.00 a 13.50

Máis información no documento achegado