Como chegar

Imprimir
PDF

O concello de Celanova está situado ao sureste de Galicia na provincia de Ourense. Pertencente á comarca de Terras de Celanova, atópase nunha área de transición entre as terras da Baixa Limia e Ourense . Limita ao norte cos municipios de Ramirás, a Merca e Cartelle e ao sur con Verea e Quintela de Leirado. O concello atópase a uns 25 quilómetros de Ourense (capital de provincia) e a uns 90 de Vigo, as dúas cidades importantes máis achegadas.

Sobre unha extensión relativamente importante de superficie de 67,3 km² configúrase un territorio cunha altitude máxima de 1.140m. e unha mínima de 558m. Posúe un clima húmido, anque non demasiado chuvioso, de temperaturas suaves e agradables no verán e baixas en inverno.

A forma de acceder é a seguinte:

En coche

Desde Ourense pódese ir pola autovía A-52 en sentido a Madrid desviándose no Punto Quilométrico 217 para enlazar coa AG-31 ata Celanova ou usar a estrada OU-540, que vai de Ourense a Portugal, e que ten como lugar importante de paso Celanova

Para achegarse desde Vigo, o máis axeitado é facelo a través da Autovía das Rías Baixas A-52, e logo á altura da Cañiza coller a saída dirección Cortegada para tomar as estradas PO-400 e OU-133, para por último coller a estrada OU-531 que conecta directamente con Celanova.

Se queremos acceder dende Xinzo de Limia, accedendo dende a a Autovía das Rías Baixas A-52, deberemos coller a estrada OU-531 dirección Cortegada.

Para os usuarios de GPS: nalgunhas cartografías pode que non apareza Celanova como destino as coordenadas xeográficas máis axeitadas son as seguintes: 42º 9' 7,34'' N; 7º 57' 29,08'' W

En autobús

A compañía ANPIAN ofrece un servizo regular de autobuses que conectan Ourense e Celanova. Pódese obter máis información no teléfono 981 225 288.  

 

      ©2012 - Concello de Celanova.                                                                                                                               Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web | RSS| Correo