Vida e obra
Castor Elices Rodríguez naceu en Celanova o 21 de xaneiro de 1847. Licenciouse en Medicina pola Universidad de Santiago de Compostela e ingresou por oposición no corpo de Sanidade da Armada, onde chegou ao grad de capitán.
A nova da morte da súa amada cambiou a súa orientación vital, recluíndose en Celanova moi dolorido. Este sufrimieto viuse agravado pola pérdida da súa nai, que arrancou a Elices unha das súas composicións más sentidas.
Curros Enriquez calificouna de poeta romántico e tenro. A súa producción -en galego e español- quedou dispersa en varias publicacións. Dez anos despois da súa morte. Dez años despois da súa morte tratouse infructuosamente de recoller en volumén as súas mellores composicións, moitas delas en poder da súa familia, que finalmente pasaron a mans do Rei Soto.
Leandro Saralegui e Eugenio Carré Aldao incluírono nas súas antoloxías. Camilo de Cela (pseudónimo de Modesto Fernández González) dicía: "Castor Elices fue un poeta como Alberto Camino y Nicomedes Pastor Diaz, con versos inspirados en el infortunio, la adversidade, la tristeza de la vida; es un escritor que describe como Curros y Carvajal el amor de la madre, el amor de los amores, que resume nuestros encantos, nuestros hechizos, nuestras esperanzas, ..."
Mención particular merecen os seus poemas "Follas secas" e "A miña nai".
Castor Elices finou en Celanova o 15 de marzo de 1886.