Acebedo do Río é unha parroquia que se asenta no suroeste do Concello de Celanova, e que no ano 1967 se incorporou ao devandito Concello. Dispón de 240 habitantes distribuidos en 15 núcleos de poboación que se citan a continuación:
- O Casal
- Cavadoiro
- Cerdedo
- As Chousas
- Ermide
- As Lamas
- Outeiro
- Pazo de Chousas
- Prados
- San Cibrao
- Tellado
- Terrado
- Trasmiras
- Vilaverde
- Xamirás
Datos de interese
Destacan os elementos arquitectónicos relixiosos, como son a capela do San Cibrao, a igrexa parroquial ou o peto das ánimas. O seu patrón é San Xurxo e as celebracións festivas máis importantes teñen lugar o 25 de setembro de cada ano en honor a San Cibrao.