Ansemil é unha parroquia que se asenta no sureste do Concello de Celanova. Dispón de 128 habitantes distribuidos en 6 núcleos de poboación que se citan a continuación:
- Barrio
- Caseta
- Feal de Ansemil
- Sambade
- As Lamas de Arriba
- As Lamas de Abaixo
Datos de interese
Destaca nesta pequena parroquia o feito de estar ao lado do Parque Empresarial de Celanova, e a restauración dalgunha das súas vivendas para formar parte da casa de turismo rural de As Lamas de Ansemil, denominada A Rectoral de Ansemil.