Celanova é unha parroquia que se asenta no "centro" do Concello de Celanova. É o lugar onde se asenta o núcleo urbano do Concello e a maior parte dos servizos ofertados á poboación. Dispón de 3.551 habitantes distribuidos en 7 núcleos de poboación que se citan a continuación:
- A Barraca
- O Burgo
- A Carreira
- Celanova
- Eilabai
- A Obra
- O Redondo
Datos de interese
Destacan os numerosos elementos arquitectónicos relixiosos, como son a Capela da Ermida, a Capela de San Miguel, O Mosteiro de San Salvador, ...