Vilanova dos Infantes é unha parroquia que se asenta ao carón do núcleo urbano do Concello de Celanova. Dispón de 271 habitantes distribuidos en 5 núcleos de poboación que se citan a continuación:
- Carfaxiño
- O Cristal
- A Roda de Abaixo
- Santa María
- Vilanova dos Infantes
Datos de interese
Destacan os elementos arquitectónicos relixiosos, como son a capela do Cristal, a igrexa parroquial ou a propia Torre de Vilanova. O seu patrón é San Salvador e as celebracións festivas máis importantes teñen lugar o 15 de setembro de cada ano en honor á Virxe do Cristal. Tamén é importante a celebración da Romaría Etnográfica Raigame, que se celebra todos os anos o 17 de maio coincidindo coas Letras galegas.