Previous Next

Exposición Anual "Estampas de Romaría"

A Exposición anual "Estampas de Romaría" sobre a Romaría Raigame estará aberta ó público ata o próximo 8 de xaneiro.

A exposición anual de fotografías que se organiza como consecuencia da Romaría Etnográfica RAIGAME e do Concurso de Fotografía que se convoca con tal motivo, xa se pode visitar na Sala dos Arcos coincidindo co horario de apertura da Oficina de Turismo, tanto pola mañá como pola tarde e de luns a domingo.
A exposición consta dunha trintena de fotografías en color e branco e negro, obra de diversos fotógrafos ourensáns e do resto de Galicia, que afondan en olladas singulares da romaría e ofrecen visións nalgúns casos certamente atractivas e nos axudan a ver aspectos do entorno de Vilanova dos Infantes nos que habitualmente non reparamos.
A exposición permanecerá aberta ata o día 8 do próximo mes de xaneiro, desprazándose logo ata a Escola de Danza da Deputación provincial, situada no Centro Comercial das Lagoas, para posteriormente circular por distintos lugares da provincia que a soliciten e a quen lle será cedida de forma gratuíta.
 
CONCURSOS DE FOTOGRAFÍA DA “ROMARÍA ETNOGRÁFICA RAIGAME 2022”-VILANOVA DOS INFANTES
En Ourense, o 13 de Outubro de 2022 constituiuse o xurado formado por Xulio Fernández Senra, Antonio Piñeiro e Fco. Xavier Álvarez Campos, que actuou de secretario, para analizar os traballos presentados ao concurso de Fotografía convocado pola organización da “Romaría etnográfica Raigame” celebrada en Vilanova dos Infantes o pasado 17 de Maio, día das Letras Galegas, resolvendo o seguinte:
A) CONCURSO MELLOR SERIE FOTOGRÁFICA
• 1º Premio, dotado con 300€, ao traballo presentado co título “Mariñáns na Romaría”, de José Izquierdo León.
• 2º Premio, dotado con 200€, ao traballo presentado co título “Oficios”, de Antonio Garrido Álvarez.
• 3º Premio, dotado con 150€, ao traballo presentado co título “Mans de artesáns”, de J. Antonio Novelle Cao.
Tamén acordou conceder mencións especiais ás series:
• “Raigame dos meniños”, de Xabier Sánchez Lorenzo.
• “Raigame dos Oficios”, de Carmen Ferreiro Seoane.
• “Raigame dos Xoves”, de Mar Abad Fra.
• “Olladas”, de Jorge González Rodríguez.
B) CONCURSO MELLOR FOTOGRAFÍA
• 1º Premio, dotado con 200€, ao traballo presentado co título “A Romaría”, de J. Manuel Nóvoa Blanco.
• 2º Premio, dotado con 150€, ao traballo presentado co título “Monifates”, de Iago Izquierdo Ferreiro.
• 3º Premio, dotado con 100€, ao traballo presentado co título “Rasca”, de Antonio Garrido Álvarez.
O xurado acordou conceder accesits ás seguintes fotografias:
• “Debuxando voltas”, de J. Antonio Novelle Cao.
• “Sombreiros”, de Iago Izquierdo Ferreiro.