Cartel concerto Miguel Ríos en Celanova

Concerto de Miguel Ríos

 

O alcalde de Celanova agradécelle á promotora "Escena Sonora" que pensara na espectacularidade arquitectónica do Claustro Barroco para propoñer a celebración do mesmo en Celanova baixo o título de "Rock entre pedra e poesía" e á Xunta de Galicia, que apostase pola súa execución no marco do programa Xacobeo 21-22

 Para o pobo de Celanova é un luxo poder acoller na nosa vila unha figura coma a de Miguel Ríos, que forma parte do rock internacional e sen a cal a música contemporánea española estaría incompleta.

 O concerto de Miguel Ríos terá lugar con The Black Betty Trío e terá un formato axeitado ó entorno monumental no que terá lugar o evento.

 O claustro barroco conta cun aforo de 700 localidades e as entradas poderán ser adquiridas por vía electrónica a través de ataquilla.com

                                                                                              Antonio Piñeiro

Presentacion concerto miguel rios

 Praza Maior 1, 32800 - Celanova Ourense   ·   Tel. 988 431 481