Punto Limpo

O punto limpo da Mancomunidade de Concellos das Terras de Celanova creouse co obxectivo fundamental de servir como centro de achega voluntaria para a recollida selectiva dos residuos producidos no ámbito domiciliario.

Creanse puntos centralizados para o depósito por parte dos cidadáns daqueles residuos recollidos selectivamente para os que sexa necesaria unha xestión específica, polo seu tamaño, residuos voluminosos, ou a súa composición, pilas, disolventes e outros materiais.

Os obxectivos principais destas instalacións son:

  • Recupera-los materiais contidos nos residuos para a súa reciclaxe, coma o papel, vidro, metais, etc.
  • Evitar o vertido incontrolado de escombros e residuos voluminosos coma mobles ou electrodomésticos.
  • Separar os residuos xerados nos fogares que representen un risco para o medio ambiente coma os medicamentos, pilas, pinturas, etc.

Non pode levarse, en principio materia orgánica, residuos industriais de grandes e medianas empresas e residuos radioactivos.

Teléfono

Enderezo

Polígono Industrial de Celanova 

Horario

9:00 a 13:00
 
 Praza Maior 1, 32800 - Celanova Ourense   ·   Tel. 988 431 481